Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 27 de novembro de 2015 Páx. 44824

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo

EDICTO (345/2015).

Anxo Gómez Santos, letrado da Administración de xustiza, fago saber que no JVB 345/2015 seguido no Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, ditouse a seguinte resolución:

Sentenza:

Vigo, 15 de outubro de 2015.

Vistos por min, Manuel Ángel Pereira Costas, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, os presentes autos de xuízo verbal que co número 345/2015 se seguen por instancia de Daniel González Rodríguez, que compareceu persoalmente nas actuacións e foi defendido polo letrado Rubén González Rodríguez, contra Carlos José Álvarez de Domingo, declarado en situación de rebeldía procesual, que teñen por obxecto unha acción de responsabilidade contractual.

Resolución:

Estimo totalmente a demanda interposta por Daniel González Rodríguez contra Carlos José Álvarez de Domingo e fago, en consecuencia, os seguintes pronunciamentos:

1º. Condeno a Carlos José Álvarez de Domingo a aboarlle a Daniel González Rodríguez a cantidade de 1.267,20 euros, a cal reportará, contando desde a data da demanda, o xuro legal dos cartos, que será o xuro legal dos cartos incrementado en dous puntos, contando desde a data da presente sentenza.

2º. Condeno a Carlos José Álvarez de Domingo a aboar as custas procesuais.

Notifíquese esta sentenza ás partes, ás cales se lles fará saber que esta é firme e que contra ela non cabe formular recurso de ningún tipo.

Así o acordo, mando e asino.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Carlos José Álvarez de Domingo e para que sirva de notificación, expido este edicto.

Vigo, 28 de outubro de 2015

O letrado da Administración de xustiza