Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 27 de novembro de 2015 Páx. 44827

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (483/2015).

Eu, María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 483/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Javier Rodríguez Galindo contra Española de Montajes Metálicos, S.A. (Emmsa), administrador concursal Lugar Abogados & Asociados, S.L.P. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 483/2015, sendo parte nel, dunha banda, como demandante, Francisco Javier Rodríguez Galindo, con DNI nº 32442609M, asistido do letrado Julio Portela Torrón, e como demandados, Española de Montajes Metálicos, S.A. (Emmsa), CIF A08397002, administrador concursal Lugar Abogados y Asociados, S.L.P. e Fogasa, que non comparecen a pesar de ter sido citados en legal forma sobre despedimento, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza:

Resolvo que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Francisco Javier Rodríguez Galindo, con citación do Fogasa, contra a empresa Española de Montajes Mecánicos, S.A., en situación de concurso, e absolvo esta entidade dos seus pedimentos.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que, na mesma data da sentenza, se deposita na secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e polas leis. Seguidamente, expídese testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe».

Para que sirva de notificación en legal forma a Española de Montajes Metálicos, S.A. (Emmsa), en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de outubro de 2015

A secretaria xudicial