Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 26 de novembro de 2015 Páx. 44695

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (394/2012).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 394/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Molina Pérez contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A., o Fogasa e Forensic Solutions, S.L.P., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido que, estimando integramente a demanda interposta por José Manuel Molina Pérez, contra Esabe Vigilancia, S.A. e Forensic Solutions, S.L.P., debo condenar e condeno a mercantil demandada Esabe Vigilancia, S.A. a aboarlle ao demandante a suma de 3.705,06 euros polos conceptos sinalados nesta resolución, máis o xuro do artigo 29.3 do ET respecto da devandita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os xuros do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución, así como ao pagamento dos honorarios do letrado da parte demandante por importe de 200 euros, e condeno a demandada Forensic Solutions, S.L.P., na súa condición de administradora concursal de Esabe Vigilancia, S.A., a avirse aos devanditos pronunciamentos cos efectos legais inherentes.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, deberá observarse que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación da presente resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2015

A secretaria xudicial