Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 26 de novembro de 2015 Páx. 44693

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (509/2014).

Eu, Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento 509/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Miguel Nuno dos Santos Esperanço contra o Fondo de Garantía Salarial, Xestión Ambiental de Contratas, S.L., Regal Tempo, S.L., Jose Correia Pinto Construções, Unipessoal Lda., UTE Urzaiz Soutomaior, Extraco, S.A., UTE As Conchiñas, Construcciones Orega, S.L. ditouse sentenza cuxo fallo é o que segue:

«Que estimo parcialmente a demanda interposta por Miguel Nuno dos Santos Esperanço fronte ás empresas Regal Tempo, S.L., UTE Urzaiz Soutomaior, Extraco, S.A., Xestión Ambiental de Contratas, S.L., UTE As Conchiñas e Construcciones Orega, S.L. e condeno as mercantís demandadas a que aboen conxunta e solidariamente ao demandante a cantidade de 3.514,91 euros, respondendo as codemandadas que se dirán ata a contía que se reflicte:

A UTE Urzaiz Soutomaior, formada polas empresas Vías y Construcciones, S.A. e Corsán-Corviám Construcción, S.A., debe responder ata o límite de 985,82 euros.

A empresa Extraco, S.A. responderá ata o límite de 198,5 euros.

A UTE Ferrería, integrada polas mercantís Xestión Ambiental de Contratas, S.L. e Construcciones Orega, S.L., responderá ata a contía de 1.233,44 euros.

A UTE As Conchiñas responderá ata o límite de 181,96 euros.

E en todo caso, máis o 10 % de xuro por demora ao tratarse de cantidades salariais.

Debo absolver a José Correia Pinto Construções da pretensión dirixida fronte a el.

Coa intervención do Fogasa.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establece o artigo 191 e seguintes a Lei reguladora da xurisdición social, que debe anunciarse dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, e a recorrente deberá consignar, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal de Banesto desta cidade, baixo a denominación depósitos e consignacións, co número 5081, e especificar a clave 65 ao tratarse dun recurso de suplicación.

Así mesmo e coa excepción prevista no artigo 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar no momento do anuncio do recurso ter consignado, na conta anteriormente citada, a cantidade obxecto de condena, ben que pode procederse a asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

E para que sirva de notificación en legal forma a Jose Correia Pinto Construções, Unipessoal Lda., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 5 de novembro de 2015

A secretaria xudicial