Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 26 de novembro de 2015 Páx. 44690

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (334/2015).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 334/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rubén Fernández Rey contra Sánchez Pedreira, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Ministerio Fiscal sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Decreto:

Secretaria xudicial: María Adelaida Egurbide Margañón.

A Coruña, 16 de setembro de 2015.

Antecedentes de feito.

Primeiro. O 27 de marzo de 2015 tivo entrada no Xulgado do Social número 2 a demanda de despedimento presentada por Rubén Fernández Rey fronte a Sánchez Pedreira, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Ministerio Fiscal e ampliada ao administrador concursal da empresa Sánchez Pedreira, S.L., Carlos Víctor Roas Teijeiro.

Segundo. As partes foron citadas ao acto de conciliación para o día 16 de setembro de 2015 ás 10.50 horas.

Terceiro. Ao acto de conciliación non compareceu o demandante nin os demandados que estaba debidamente citados.

Cuarto. O Ministerio Fiscal presentou un escrito que se une ás actuacións para os efectos oportunos.

Fundamentos de dereito.

Único. Se o demandante, citado en legal forma, non comparece nin alega xusta causa que motive a suspensión do acto de conciliación ou xuízo, teráselle por desistido da súa demanda (artigo 83.2 da LXS).

Dispón o artigo 83.2 da LXS que se o demandante, citado en forma, non compare nin alega xusta causa que motive a suspensión do acto de conciliación ou do xuízo, o secretario xudicial no primeiro caso, e o xuíz ou tribunal no segundo, terano por desistido da súa demanda.

Alternativamente, a aplicación subsidiaria da LAC en canto á desistencia expresa do demandante, debe entenderse á luz do que dispón o seu artigo 20.2, con independencia da distinta canle procesual que se deba seguir. No caso da xurisdición social, e tratándose dun procedemento sometido plenamente ao principio de oralidade, tras a manifestación expresa do demandante de desistir da súa demanda, débese concluír coa necesidade de ditar a resolución a que se refire o artigo 20.3 da LAC, ao non constar oposición expresa da contraparte.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo:

– Ter por desistido a Rubén Fernández Rey da súa demanda de despedimento fronte a Sánchez Pedreira, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Ministerio Fiscal e administrador concursal de Sánchez Pedreira, S.L., Carlos Víctor Roas Teijeiro.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos e déixese certificación del no procedemento da súa razón.

Notifíqueselles ás partes.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer perante quen dita a resolución no prazo de cinco días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 1532 0000 30 0334 15 en Banesto e deberá indicar no campo concepto, “recurso” seguida do código “31 social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “31 social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial».

E para que sirva de notificación en legal forma á parte demandada Sánchez Pedreira, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de setembro de 2015

A secretaria xudicial