Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 26 de novembro de 2015 Páx. 44689

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Tui

EDICTO (312/2014).

José Antonio Pascual Calderón, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Tui, polo presente anuncio:

No presente procedemento de xuízo verbal nº 312/2014 seguido por instancia de José Enrique Alonso Pires fronte a Sociedad Promotora de Inversiones Igonal XXI, S.L., ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución é o seguinte:

Sentenza.

Maxistrada: Lidia Grandal Quintana

Parte demandante: José Enrique Alonso Pires

Letrado: José Manuel Rodríguez Álvarez

Procuradora: Begoña Bugarín Saracho

Parte demandada: Sociedad Promotora de Inversiones Igonal XXI, S.L., en situación procesual de rebeldía

Obxecto: acción de reparación e indemnización por responsabilidade extracontractual

Decido que estimo a demanda interposta por José Enrique Alonso Pires contra Sociedad Promotora de Inversiones Igonal XXI, S.L. e condeno esta a pagar a aquel a cantidade de 1.092,43 euros, máis os xuros legais, así como reparar a cuberta do edificio e o encontro coa medianeira creadora do risco de filtracións.

Condénase a Sociedad Promotora de Inversiones Igonal XXI, S.L. ao pagamento das custas procesuais causadas.

Contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de 20 días, ante este xulgado e do que coñecerá a Audiencia Provincial de Pontevedra.

E encontrándose o devandito demandado, Sociedad Promotora de Inversiones Igonal XXI, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto a fin que, mediante a súa publicación no DOG, sirva de notificación en forma a este.

Tui, 2 de outubro de 2015

O secretario xudicial