Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 26 de novembro de 2015 Páx. 44687

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de emprazamento (TS 2380-15 IS).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2380/2015 desta sección, seguido por instancia do Fogasa contra Luis Miguel Escudero Cervantes, Alfa Instant, S.A., sobre resolución de contrato, foi ditada no 5 de novembro de 2015 a seguinte resolución:

«O anterior escrito subscrito polo Avogado do Estado, en nome e representación do Fogasa, únase ao recurso da súa razón xunto coas súas copias.

Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala e emprácense as demais partes para que comparezan por escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, presentando copias do devandito escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da devandita sala, e demostrando a representación da parte, se non constar previamente nas actuacións.

Remítase edicto ao DOG para a localización de Alfa Instant, S.A.

Verificado, remítanse as actuacións ao devandito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 4 da Coruña que a resolución desta sala foi impugnada en casación para unificación de doutrina.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra a presente resolución non cabe ningún recurso».

E para que sirva de notificación en legal forma a Alfa Instant, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de novembro de 2015

A letrada da Administración de xustiza