Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 26 de novembro de 2015 Páx. 44685

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3243/2013).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de Xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3243/2013 desta sección, seguido por instancia de Rafael Rodríguez Valiñas contra Obras y Servicios de Galicia y Asturias, S.A. (Osega), Sacyr, S.A., José Antonio Cortes, S.L., Administrador de Infraestructuras Ferroviarias (Adif), UTE Carballiño, Cavosa Obras y Proyectos, S.A., Carlos Alberto Pérez Garrido, sobre outros dereitos de seguridade social, con data do 2 de xullo de 2015 se ditou a seguinte resolución:

Na Coruña o 2 de xullo de 2015.

O anterior escrito subscrito polo letrado Carlos Martínez Justo, en nome e representación de Rafael Rodríguez Valiñas, únase ao recurso da súa razón xunto coas súas copias.

Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala e emprácense as demais partes para que se constitúan como parte por escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo, dentro do prazo de dez días, para o cal achegará copias do dito escrito, designará un domicilio para notificacións na sede da dita sala e deberá acreditar a representación da parte de non constar previamente nas actuacións.

Verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

Ao outrosí digo e ao segundo outrosí digo que se teñen por feitas as manifestacións contidas neles.

A parte recorrente enténdese constituída como parte de dereito coa remisión das actuacións.

Expídase oficio ao Boletín Oficial da provincia de Almería para a notificación da presente a José Antonio Cortes, S.L.

Comuníqueselle ao Xulgado do Social número 1 de Ourense que a resolución desta sala foi impugnada en casación para unificación de doutrina.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Acórdoo e asínoo. Dou fe.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Carlos Alberto Pérez Garrido, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de novembro de 2015

A letrada da Administración de xustiza