Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 26 de novembro de 2015 Páx. 44682

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de xefatura e coordinación de persoal licenciado sanitario.

Convocada por Resolución do 30 de abril de 2015 (DOG núm. 96, do 25 de maio), a provisión de varios postos de xefatura e coordinación de persoal licenciado sanitario, esta xerencia, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión de postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, modificado por Decreto 111/2013, do 4 de xullo (DOG núm. 140, do 24 de xullo), e na Orde do 12 de abril de 2013 (DOG núm. 76, do 19 de abril) pola que se desenvolve a estrutura organizativa de xestión integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, así como na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión de varios postos de xefatura e coordinación de persoal licenciado sanitario, convocada pola Resolución do 30 de abril de 2015 (DOG núm. 96, do 25 de maio).

Segundo. Nomear, para os postos que se indican, as persoas citadas no anexo desta resolución.

Terceiro. Declarar deserta a convocatoria para a praza de xefe/a do Servizo de Atención Primaria, para o Servizo de Atención Primaria da Milagrosa, por non concorrer ningún aspirante á dita convocatoria.

Cuarto. Os aspirantes nomeados deberán cesar na praza que desempeñen dentro dos tres (3) días hábiles seguintes a aquel en que se publique a presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres (3) días hábiles seguintes ao do cese. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo, percibíndose os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Quinto. Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa conforme a Lei 6/2001, do 29 de xuño (DOG núm. 135, do 12 de xullo) de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma galega á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderá interpoñerse recurso de alzada perante o mesmo órgano que dictou o acto ou ante o competente para resolvelo que será a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992 citada.

Lugo, 9 de novembro de 2015

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

ANEXO

Denominación do posto: xefatura do Servizo de Atención Primaria de Sarria.

Nome e apelidos: María Montserrat Mulet Sar.

NIF: *****081B (*).

Denominación do posto: xefatura do Servizo de Atención Primaria de Meira.

Nome e apelidos: Francisco Javier Martínez Anta.

NIF: *****951R (*).

Denominación do posto: xefatura do Servizo de Atención Primaria de Fingoi (Lugo).

Nome e apelidos: Enrique José Vázquez Seijas.

NIF: ***** 178G (*).

Denominación do posto: xefatura do Servizo de Atención Primaria de Illas Canarias (Lugo).

Nome e apelidos: Sofía López Linares.

NIF: *****827S (*).

Denominación do posto: xefatura do Servizo de Atención Primaria de Monforte de Lemos.

Nome e apelidos: Eleuterio López Louzao.

NIF: *****700B (*).

Denominación do posto: xefatura do Servizo de Atención Primaria de Quiroga.

Nome e apelidos: Andrés González Domínguez.

NIF: *****632M (*).

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.