Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 26 de novembro de 2015 Páx. 44696

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ENX 101/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos non xudiciais 101/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Vanessa Guadalupe Ramil García contra Cee Faega, S.L., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial) sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación:

Secretaria xudicial: Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, oito de setembro de dous mil quince.

1. Recibiuse neste xulgado devolución de mandamento polo Rexistro da Propiedade número 2 de Santiago de Compostela, confirmando a anotación de embargo a favor da executante.

2. Do embargo de contas bancarias trabado en virtude de decreto do 25.6.2015, non se obtivo ningunha cantidade.

3. Queda pendente de satisfacer na presente executoria a suma de 36.067,97 euros de principal (salarios debidos), máis outros 11.805,37 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, e tendo sido declarada Cee Faega, S.L., insolvente provisional polo Decreto do 3.2.2015 ditado por este órgano xudicial no procedemento ETX 184/2013, e de conformidade co 274 da LPL, acordo dar audiencia ao Fondo de Garantía Salarial para que no prazo máximo de quince días, inste a práctica das dilixencias que conveña ao seu dereito e designe os bens do debedor principal que lle consten.

Notifíqueselles ás partes, e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia perante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co Tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A secretaria xudicial.

Para que sirva de notificación en legal forma a Vanessa Guadalupe Ramil García, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2015

A secretaria xudicial