Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 25 de novembro de 2015 Páx. 44569

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1155/2014).

Procedemento ordinario (PO) 1155/2014

Sobre: ordinario

Demandante: Manuel Silvestre Balsa Iglesias

Graduado social: Javier Castro Freire

Demandados: Caslar Mobiliario, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial

Eu, María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1155/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Silvestre Balsa Iglesias contra Caslar Mobiliario, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa decisión di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Manuel Silvestre Balsa Iglesias contra a entidade Caslar Mobiliario, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Caslar Mobiliario, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 2.500,34 € brutos, por salarios devindicados durante a súa relación laboral, 225,37 € brutos por compensación económica por vacacións non gozadas, e 2.457 € brutos por horas extras devindicadas durante a relación laboral e 189 € brutos por axudas de custo, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais, así como a 49,05 € por indemnización por fin de contrato.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Caslar Mobiliario, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de novembro de 2015

A secretaria xudicial