Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 25 de novembro de 2015 Páx. 44571

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (535/2014).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 535/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o Fondo de Garantía Salarial, Ana Belén Merelas García, sobre reclamación de cantidade, procedemento ordinario, se ditou sentenza cuxa decisión di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra Ana Belén Merelas García e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Ana Belén Merelas García a que lle aboe ao demandante a cantidade de 8.714,69 € brutos, por anticipo non reintegrado.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Ana Belén Merelas García, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de novembro de 2015

A secretaria xudicial