Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 25 de novembro de 2015 Páx. 44568

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1036/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1036/2012 por instancia de José Miguel López Longueira contra a empresa mercantil Española de Refrigeración, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre cantidade, nos que recaeu sentencia en data 28.10.2015 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido: estímase a demanda formulada por José Miguel López Longueira fronte a Mercantil Española de Refrigeración, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Mercantil Española de Refrigeración, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de sete mil douscentos sesenta e nove euros con sesenta e seis céntimos de euro (7.269,66 euros) a cal percibirá o correspondente xuro legal.

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Mercantil Española de Refrigeración, S.L. expido e asino a presente.

A Coruña, 5 de novembro de 2015

A secretaria xudicial