Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 25 de novembro de 2015 Páx. 44566

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Tui

EDICTO de notificación de sentenza (388/2011).

Ord. procedemento ordinario 388/2011

Procedemento orixe: /

Sobre acción declarativa

Demandante: Manuel Vicente Álvarez

Procurador: Juan Manuel Señoráns Arca

Demandados: Nieves Álvarez Álvarez, Adoración Álvarez Álvarez, Delia Álvarez Álvarez, Ricardo Álvarez Álvarez

Procuradora: María Crende Rivas

José Antonio Pascual Calderón, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Tui, polo presente,

Anuncio:

Que no presente procedemento seguido por instancia de Manuel Vicente Álvarez contra Nieves Álvarez Álvarez, Adoración Álvarez Álvarez, Delia Álvarez Álvarez, Ricardo Álvarez Álvarez e Rubén Alberto Álvarez Álvarez foi ditada sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva son os seguintes:

«Sentenza:

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Tui.

Procedemento: xuízo ordinario nº 388/2011.

Vistos por min, María del Mar Pais Bonamusa, xuíza substituta do Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 3 de Tui e o seu partido, os presentes autos de xuízo ordinario nos cales foron partes, como demandante Manuel Vicente Álvarez, actuando por si e en beneficio da comunidade de herdeiros dos seus falecidos pais Manuel Vicente Vicente e Purificación Álvarez, representado polo procurador Sr. Señoráns Arca e asistido do letrado Sr. Areses Trapote e como demandados os sucesores de Flora Álvarez Carreiro: Rubén Alberto Álvarez Álvarez (declarado en rebeldía) e Delia, Nieves, Ricardo e Adoración Álvarez Álvarez, representados pola procuradora Sra. Crende Rivas e asistidos da letrada Sra. Fernández Lago, en virtude das facultades que me confire a Constitución, ditou a seguinte sentenza:

Decido que, estimando a demanda interposta por Manuel Vicente Álvarez, actuando por si e en beneficio da comunidade de herdeiros dos seus falecidos pais Manuel Vicente Vicente e Purificación Álvarez contra Rubén Alberto Álvarez Álvarez (declarado en rebeldía) e Delia, Nieves, Ricardo e Adoración Álvarez Álvarez (como sucesores de Flora Álvarez Carreiro, declaro que o terreo descrito no feito primeiro da demanda é propiedade do demandante e da comunidade hereditaria en prol da cal actúa, e condeno os demandados a estaren e pasaren por tal declaración, absténdose a partir deste momento de calquera acto de descoñecemento do dito dereito e de perturbaren a parte demandante no goce e desfrute da propiedade.

As custas impóñense á parte demandada.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de apelación».

E encontrándose o citado demandado, Rubén Alberto Álvarez Álvarez, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto para que lle sirva de notificación en forma.

Tui, 7 de outubro de 2015

O secretario xudicial