Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 25 de novembro de 2015 Páx. 44565

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña

EDICTO (405/2013).

Carmen Carballo Ramos, secretaria xudicial substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Multi Veste España 1, S.L. fronte a Rexorum, S.L. ditouse sentenza o 27 de outubro de 2014, contra a cal cabe recurso de apelación no prazo de 20 días, contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente edicto no DOG. A indicada sentenza está á disposición dos demandados na secretaria deste xulgado.

E encontrándose o devandito demandado, Rexorum, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

A Coruña, 29 de decembro de 2014

A secretaria xudicial