Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 24 de novembro de 2015 Páx. 44388

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra

EDICTO (9/2012).

Procedemento ordinario 9/2012

Procedemento de orixe: sobre reclamación de cantidade

Demandante: Comunidade de Propietarios Adro, 31

Procurador: José Manuel Domínguez Lino

Avogado: Celestino Iglesias Pousa

Demandados: Juan Martínez-Almeida García-Jiménez, Marcos Matilde González, Antonio José Abal Medina, Promociones Ters D’en Grao, S.L., Cebral y Silva, S.L.

Procuradores: Ángel Cid García, Pedro Antonio López López, Pedro Sanjuán Fernández

Eu, Patricia Raposo Fernández, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, por medio do presente edicto anuncio que no presente procedemento seguido por instancia da Comunidade de Propietarios Adro, 31, fronte a Juan Martínez-Almeida García-Jiménez, Marcos Matilde González, Antonio José Abal Medina, Promociones Ters D’en Grao, S.L., Cebral y Silva, S.L., ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza 49/2015.

Pontevedra, 25 de marzo de 2015

Vistos por Ignacio de Frías Conde, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, os presentes autos de xuízo ordinario 9/2012 promovido pola Comunidade de Propietarios do edificio sito na rúa Adro, nº 31, de Poio, representada polo procurador Sr. Domínguez Lino e asistida polo letrado Sr. Iglesias Pousa, contra Juan Martínez-Almeida García-Jiménez, representado polo procurador Sr. Cid García e asistido polo letrado Sr. Estarque Vila; contra Marcos Matilde González, representado polo procurador Sr. López López e asistido pola letrada Sra. Beiró Calvo, contra Antonio José Abal Medina, representado polo procurador Sr. Sanjuán Fernández e asistido polo letrado Sr. Álvarez Fernández; e contra Promociones Ters D’en Grao, S.L., e Cebral y Silva, S.L., ambas en situación de rebeldía procesual.

Parte dispositiva:

Estimo parcialmente a demanda interposta polo procurador Sr. Domínguez Lino en nome e representación da Comunidade de Propietarios do edificio sito na rúa Adro, nº 31, de Poio, contra Juan Martínez-Almeida García-Jiménez, Marcos Matilde González, Antonio José Abal Medina, Promociones Ters D’en Grao, S.L. e Cebral y Silva, S.L., e acordo o seguinte:

1. Condeno a Juan Martínez-Almeida García-Jiménez, Promociones Ters D’en Grao, S.L. e Cebral y Silva, S.L. para executar solidariamente as obras de reparación sinaladas nos puntos 1.1 a 1.4 do orzamento incorporado ao ditame pericial achegado coa demanda.

2. Condeno a Promociones Ters D’en Grao, S.L. e Cebral y Silva, S.L. a executar solidariamente as obras de reparación sinaladas nos puntos 1.5 a 1.7 nos rochos nº 1 e nº 6; 1.8 e 1.9; 2.1 e 2.2; 4.1 a 4.9; 5.1 e 5.2; 7.1 a 7.8, e 7.11; 8.1 a 8.6; 9.1 a 9.5; 3.4; 3.1 a 3.3; e 3.5 a 3.11 só en dormitorio principal e primeiro dormitorio do 1º A, non no segundo dormitorio, todas elas do orzamento incorporado ao ditame pericial achegado coa demanda.

3. Absolvo a Juan Martínez-Almeida García-Jiménez, Promociones Ters D’en Grao, S.L. e Cebral y Silva, S.L. das demais pretensións deducidas contra eles.

4. Absolvo a Marcos Matilde González e Antonio José Abal Medina de todas as pretensións deducidas contra eles.

5. Cada parte aboará as custas causadas pola súa instancia e as comúns por metade, con excepción das causadas a Marcos Matilde González e Antonio José Abal Medina, que se lle impoñen á Comunidade de Propietarios do edificio sito na rúa Adro, nº 31, de Poio.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes».

E encontrándose os ditos demandados, Promociones Ters D’en Grao, S.L., Cebral y Silva, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lles sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 19 de outubro de 2015

A secretaria xudicial