Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 24 de novembro de 2015 Páx. 44390

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (624/2014).

Xuízo verbal (JVB) 624/2014

Procedemento de orixe: procedemento ordinario 624/2014

Sobre: outras materias

Manuel Tarrío Iglesias, Esther Iglesias Trazado

Procuradora: Cayetana Marín Couceiro

Avogado: José Francisco Parada Caramés

Demandado: comunidad hereditaria de Ramón Tarrío Lorenzo

María Jesús Pérez Fernández, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela, por medio do presente,

Anuncio:

Neste procedemento de xuízo verbal número 624/2014, seguido por instancia da procuradora Cayetana Marín Couceiro, en nome e representación de Esther Iglesias Trazado e de José Manuel Tarrío Iglesias, fronte á comunidade hereditaria de Ramón Tarrío Lorenzo, ditouse sentenza en data 12 de maio de 2015, cuxo encabezamento e decisión son do seguinte teor literal:

Sentenza: 86/2015.

Xuízo verbal 624/2014.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2015.

Sentenza.

Vistos por min, Ana Belén López Otero, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela, os presentes autos de xuízo verbal tramitados co número 624/2014, nos cales interviñeron como demandantes Esther Iglesias Trazado e José Manuel Tarrío Iglesias, representados polo procurador dos tribunais Sra. Marín Couceiro e asistidos polo letrado Sr. Parada Caramés, e como demandada a comunidade hereditaria de Ramón Tarrío Lorenzo, en situación de rebeldía procesual, en virtude das seguintes consideracións,

Dispoño:

Estimar a demanda interposta por Esther Iglesias Trazado e José Manuel Tarrío Iglesias e, en consecuencia, declárase o dominio que aos demandantes lles corresponde, ao tela adquirido por prescrición adquisitiva extraordinaria, sobre o terreo número 474 do plano de concentración parcelaria de Santa María de Luou (inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón ao tomo 457, libro 127, folio 221, terreo 12802). Ordénase, así mesmo, a cancelación da inscrición rexistral do dito terreo a favor de Ramón Tarrío Lorenzo, e ordénase así mesmo practicar a inscrición rexistral do dito terreo a favor de Esther Iglesias Trazado e José Manuel Tarrío Iglesias, todo iso con expresa imposición de custas á parte demandada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe interpor recurso ningún ao ser a contía do procedemento non superior a 3.000 euros.

Así o acordo, mando e asino.

E encontrándose a parte demandada, comunidade hereditaria de Ramón Tarrío Lorenzo, en situación de rebeldía procesual e en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lles sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2015

A secretaria xudicial