Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 24 de novembro de 2015 Páx. 44387

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra

EDICTO (171/2014).

No procedemento ordinario 171/2014, seguido por instancia de Manuel Riego Porriño, S.A. fronte a Juan Manuel Figueroa Troncoso, ditouse Sentenza 135/2015, do 14 de setembro, que en extracto dispón:

– Admitir integramente a demanda interposta por Manuel Riego Porriño, S.A.

– Condenar a Juan Manuel Figueroa Troncoso a satisfacer á demandante a cantidade de 9.496,14 euros, máis os xuros legais da devandita suma desde a data do presente requirimento xudicial, máis as custas do procedemento.

– Modo de impugnación: recurso de apelación que se interpoñerá ante este xulgado no prazo de vinte días, contados desde a publicación deste edicto, para o seu coñecemento e resolución pola Audiencia Provincial de Pontevedra, logo de consignación de 50 euros na forma establecida pola disposición adicional décimo quinta da LOPX.

E encontrándose a devandita demandada en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a esta.

Vigo, 16 de outubro de 2015

A secretaria xudicial