Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 23 de novembro de 2015 Páx. 44263

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (738/2014).

Eu, Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 738/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de César Argibay Pampín contra a empresa Mutua Fraternidad Muprespa, o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Okay Group World, S.L., sobre seguridade social, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Estimando a demanda interposta por César Argibay Pampín fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Fraternidad Muprespa e a empresa Okay Group World, S.L., declaro o dereito do demandante a percibir a prestación de incapacidade temporal derivada de enfermidade común do período de comprendido entre o 18 de decembro de 2013 e o 17 de xullo de 2014, condeno as demandadas a avirse a esta declaración e ao seu aboamento, que ascende a 5.557,43 euros, e declaro a responsabilidade directa da empresa demandada no que se refire ás cantidades correspondentes aos días 4º a 15º de baixa, así como as derivadas da infracotización efectuada por esta, e obriga de anticipo da Mutua, con responsabilidade subsidiaria do INSS.

Absolvo a TXSS da pretensión exercida na súa contra.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber de que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nun prazo de cinco días, conforme dispoñen os artigos 192 e seguintes da LRXS.

Así o pronuncio, mando e asino.

E para que sirva de notificación en legal forma a Okay Group World, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 3 de novembro de 2015

A secretaria xudicial