Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 23 de novembro de 2015 Páx. 44264

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (441/2012).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 441/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sandra María Santos Ameneiro contra Hogar Positivo, S.L. sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza, con data do 28 de outubro de 2015, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza nº 341/2015.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2015.

Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos número 441/2012 sobre procedemento ordinario, seguidos por instancia de Sandra María Santos Ameneiro, asistida pola letrada Sra. Cancela Regueiro, contra Hogar Positivo, S.L., que non compareceu no acto de xuízo oral; foi citado o Fogasa, que non compareceu no xuízo oral; en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución española, dito a presente sentenza, con base nos seguintes,

Resolución:

Que estimando integramente a demanda interposta por Sandra María Santos Ameneiro, contra Hogar Positivo, S.L., debo declarar e declaro o dereito da demandante a percibir un salario mensual de 1.167,84 euros por razón da xornada de traballo efectivamente realizada e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada a se ater a esta declaración e a aboarlle á demandante a suma de 6.356,47 euros polos conceptos indicados no feito probado cuarto desta resolución, máis os xuros por mora previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores respecto da dita cantidade, desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os xuros do artigo 576 da LAC desde a presente resolución ata o completo pagamento.

No que se refire á responsabilidade do Fogasa, deberá aterse ao que resulte da aplicación do artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes a presente resolución, e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Hogar Positivo, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2015

A secretaria xudicial