Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 23 de novembro de 2015 Páx. 44262

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (539/2014).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 539/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ezequiel García García contra o Fondo de Garantía Salarial, José David Castro Marín, sobre despedimento, se ditou sentenza, cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo a demanda interposta en materia de despedimento por Ezequiel García García contra a empresa José David Castro Marín. Declaro improcedente o despedimento do demandante efectuado pola mercantil demandada e condeno a esta á inmediata readmisión do demandante, con aboamento dos salarios deixados de percibir a razón de 40,15 euros día ou ao aboamento dunha indemnización de 3.422,78 euros.

Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino, a maxistrada xuíza substituta Carmen Sangiao Pereira.

E para que sirva de notificación en legal forma a José David Castro Marín, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de novembro de 2015

A secretaria xudicial