Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 23 de novembro de 2015 Páx. 44260

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (408/2015).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos 408/2015 por instancia de José Miguel Álvarez del Solar contra Restauraciones Monumentales y Construcciones, S.A. (Recmosa), o seu administrador concursal, Juan José Juega Cuesta, Asociación Club Financiero Atlántico, Propietaria Club Financiero Atlántico, S.A., José Cantorna Agra, Ramón Castiñeira González, Irene Fernández Martínez e o Ministerio Fiscal, sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza o 23 de outubro de 2015 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución:

Estímase parcialmente a demanda formulada por José Miguel Álvarez del Solar fronte a Restauraciones Monumentales y Construcciones, S.A. (Recmosa), o seu administrador concursal Juan José Juega Cuesta, Asociación Club Financiero Atlántico, Propietaria Club Financiero Atlántico, S.A., José Cantorna Agra, Ramón Castiñeira González e Irene Fernández Martínez, con intervención do Ministerio Fiscal e, en consecuencia,

– Declárase nulo o despedimento do traballador José Miguel Álvarez del Solar efectuado pola empresa Restauraciones Monumentales y Construcciones, S.A. (Recmosa) con data de efectos do 9 de marzo de 2015.

– Absólvese a José Cantorna Agra, Irene Fernández Martínez e Ramón Castiñeira González das pretensións fronte a eles exercidas.

– Condénase a Asociación Club Financiero Atlántico á inmediata readmisión do demandante no seu posto de traballo, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade ao despedimento, con aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento, e que alcanzan, ata a data da presente a cantidade de 13.298,03 euros, así como a que se devindique ata a efectiva readmisión a razón de 58,07 euros diarios. Das devanditas cantidades responderán solidariamente as empresas Propietaria Club Financiero Atlántico, S.A. e Restauraciones Monumentales y Construcciones, S.A. (Recmosa), vinculando tales cantidades ao seu administrador concursal, Juan José Juega Cuesta.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 150,25 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á Propietaria Club Financiero Atlántico, S.A., Ramón Castiñeira González e Irene Fernández Martínez expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 3 de novembro de 2015

A secretaria xudicial