Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 18 de novembro de 2015 Páx. 43591

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1144/2014).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1144/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Amaya Fernández Camiño, Rebeca Centeno Ramos, María José Alves Rodríguez, Isabel Rey Rodríguez, María Luisa Mareque Domato e Salomé Pardo Gómez contra Telecomunicaciones Bergantiños, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, procedemento ordinario, ditouse sentenza, cuxa resolución di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Amaya Fernández Camiño, Rebeca Centeno Ramos, María José Alves Rodríguez, Isabel Rey Rodríguez, María Luisa Mareque Domato, Salomé Pardo Gómez, contra a entidade Telecomunicaciones Bergantiños, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno á entidade Telecomunicaciones Bergantiños, S.L., a que aboe ás demandantes que a continuación se explicitan:

– A Rebeca Centeno Ramos, a cantidade de 3.165,99 euros brutos por diferenzas salariais devindicadas entre e xullo de 2014, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais, e 14.760,15 euros correspondentes á indemnización por despedimento obxectivo.

– A María José Alves Rodríguez, a cantidade de 2.056,72 euros brutos por diferenzas salariais devindicadas entre e xullo de 2014, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais, e 15.364,02 euros correspondentes á indemnización por despedimento obxectivo.

– A Isabel Rey Rodríguez, a cantidade de 1.558,35 euros brutos por diferenzas salariais devindicadas entre e xullo de 2014, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais, e 11.610,29 euros correspondentes á indemnización por despedimento obxectivo.

– A Amaya Fernández Camino, a cantidade de 1.995,06 euros brutos por diferenzas salariais devindicadas entre e xullo de 2014, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais, e 11.110,35 euros correspondentes á indemnización por despedimento obxectivo.

– A María Luisa Mareque Domato, a cantidade de 1.733,34 euros brutos por diferenzas salariais devindicadas entre e xullo de 2014, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais, e 12.316,34 euros correspondentes á indemnización por despedimento obxectivo.

– A Salomé Pardo Gómez, a cantidade de 6.530 euros brutos por diferenzas salariais devindicadas entre e xullo de 2014, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais, e 2.649,52 euros correspondentes á indemnización por despedimento obxectivo.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación».

Así, por esta a miña sentenza, pronúnciaa, mándaa e asínaa a maxistrada xuíza deste xulgado, Pilar Carreira Vidal.

E para que sirva de notificación en legal forma a Telecomunicaciones Bergantiños, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de outubro de 2015

A secretaria xudicial