Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 18 de novembro de 2015 Páx. 43593

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (523/2014).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 523/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Mourelle Rilo contra a empresa S&V Seguridad, S.A. e Fogasa, sobre reclamación de cantidade (procedemento ordinario), se ditou sentenza cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por José Mourelle Rilo contra a entidade S&V Seguridad, S.A. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade S&V Seguridad, S.A. a que lle aboe á demandante a cantidade de 458,13 € brutos, por actualización de salarios entre novembro de 2012 e decembro de 2013, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor ningún recurso. Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo. A maxistrada xuíza deste xulgado, Pilar Carreira Vidal.

Para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa S&V Seguridad, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de outubro de 2015

A secretaria xudicial