Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 18 de novembro de 2015 Páx. 43590

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (891/2014).

Eu, María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 891/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sonia Veras González contra a empresa Euclides Información, S.L., administración concursal de Euclides Información, S.L. e o Fogasa, sobre cantidade, se ditou resolución, con data do 26 de outubro de 2015, contra a cal cabe interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días; os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto no dito xulgado.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Euclides Información, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 26 de outubro de 2015

A secretaria xudicial