Eu, María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 827/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Polyanne de Melo Alves contra as empresas Yanyimira, S.L., Oro Incienso y Mirra Restauración, S.L. e Fogasa, sobre cantidade, se ditou resolución, con data do 22 de outubro de 2015, contra a cal cabe interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días; os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto no dito xulgado.
Para que lle sirva de notificación en legal forma a Yanyimira, S.L. e Oro Incienso y Mirra Restauración, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
A Coruña, 22 de outubro de 2015
A secretaria xudicial