Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 18 de novembro de 2015 Páx. 43584

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (1229/2014).

DCT divorcio contencioso 1229/2014

Sobre divorcio contencioso

Demandante: Ana Isabel Gesto Beiroa

Procuradora: María Elena Arcos Romero

Avogada: Paula Galvan Carballo

Demandado: Marcio Andre de Sousa

Cristina Cao Sánchez, letrada da Administración de Xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela, polo presente, anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Ana Isabel Gesto Beiroa fronte a Marcio Andre de Sousa, en situación de rebeldía procesual, ditouse sentenza, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

Decido que, estimando integramente a demanda de divorcio interposta pola procuradora Sra. Arcos Romero, en nome e representación de Ana Isabel Gesto Beiroa asistida do letrado Sr. Álvarez Teijeiro, fronte a Marcio Andre de Sousa, maior de idade, sinalado en autos, declarado en rebeldía procesual, e sen intervención do Ministerio Fiscal ao non concorreren fillos menores de idade ou incapaces no citado matrimonio, debo decretar e decreto o divorcio do matrimonio contraído por ambos os litigantes o 5 de abril de 2013 en Santiago de Compostela inscrito no Rexistro Civil desa localidade ao tomo 112, páxina 367, por concorrer a causa prevista no artigo 86.1 do Código civil, transcorridos máis de tres meses de matrimonio.

Firme que sexa a presente resolución, remítanse os oportunos oficios para as procedentes anotacións rexistrais.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e fronte a ela cabe interpoñer recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial de Coruña (arts. 458 e 776 Lei de axuizamento civil), logo de consignación de depósito previsto na disposición adicional décimo quinta da LOPX.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial.

Publicación: lida e publicada a anterior resolución en audiencia pública polo xuíz que a ditou, no día da data, dou fe.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Marcio Andre de Sousa, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2015

A letrada da Administración de xustiza