Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 18 de novembro de 2015 Páx. 43582

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2248/2015).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 2248/2015

Xulgado de orixe/autos: despedimento obxectivo individual 903/2014 Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

Recorrente: María Rosario Sobrido Pando

Avogado: Pedro Avelino Naveira Couceiro

Recorridos: Fogasa, Trabajos, Obras y Servicios Urbanos, S.L., Limpiezas Secope, S.A.

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de Xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2248/2015 desta sección, seguido por instancia de María Rosario Sobrido Pando contra Fogasa, Trabajos, Obras y Servicios Urbanos, S.L., Limpiezas Secope, S.A., sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación da letrada da Administración de xustiza María Isabel Freire Corzo

A Coruña, 26 de outubro de 2015

O anterior escrito subscrito polo Fogasa únase ao recurso da súa razón xunto coas súas copias. Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina e fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala. Emprácense as demais partes para que comparezan por escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, achegar copias do dito escrito e designar un domicilio para notificacións na sede da dita sala. Deberase acreditar a representación da parte de non constar previamente nas actuacións.

Unha vez verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníqueselle ao Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela que contra a resolución desta sala se recorreu en casación para unificación de doutrina.

Notifíqueselles ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe ningún recurso.

Acórdoo e asino. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas Secope, S.A. e Trabajos, Obras y Servicios Urbanos, S.L, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de outubro de 2015

Letrada da Administracion de xustiza