En virtude da Orde do 16 de xuño de 2015 (DOG núm. 114, do 18 de xuño) convocouse proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1.
Con motivo da publicación no BOE núm. 236, do 2 de outubro de 2015, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, así como da publicación no BOE núm. 261, do 31 de outubro, do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Modificar a base II.1.2. da Orde do 16 de xuño de 2015, da maneira seguinte:
– A norma «1. Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común: títulos I a X», queda substituída polas seguintes:
«1. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: títulos I, II, III, IV e V. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público: cap. II (agás subsección 2ª sección 3ª), cap. III, cap. IV, cap. V e cap. VI do título preliminar; título III».
– A norma «5. Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público: títulos I a VII», queda substituída pola seguinte:
«5. Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: títulos I a VII».
Segundo. Esta orde pon fin á vía administrativa e contra ela os/as interesados/as poderán presentar recurso potestativo de reposición ante a/o conselleira/o competente en materia de función pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na LRX-PAC, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2015
Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda