Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 18 de novembro de 2015 Páx. 43586

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (355/2014-A).

Sarai Paniagua Acera, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, certifico que no procedemento de more uxorio 355/2014 se ditou a seguinte:

Sentenza 52.

Vigo, 30 de xaneiro de 2015.

Teresa A. Fernández Molinos, xuíza de reforzo dos xulgados de Primeira Instancia número 5 e número 12 de Vigo e do seu partido xudicial, viu e oíu os autos de procedemento more uxorio número 355/2014, seguidos por instancia de Vanesa Rivas Ferradáns, representada procesualmente pola procuradora Sra. Martínez Domínguez e asistida do letrado Sr. de Oca Cancela, fronte a José Simón Varela Camiña, en situación de rebeldía procesual, con intervención da representante do Ministerio Fiscal ante a concorrencia dunha filla menor de idade.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Decisión.

Que, admitindo parcialmente a demanda de xuízo verbal interposta pola procuradora Sra. Martínez Domínguez, en nome e representación de Vanesa Rivas Ferradáns, fronte a José Simón Varela Camiña, procede:

1. Atribuír á demandante a garda e custodia da filla menor común, Noa Varela Rivas, sen prexuízo de que o exercicio das funcións inherentes á patria potestade sexa compartido para ambos os dous proxenitores.

2. Non establecer ningún réxime de visitas, comunicación e estadía en favor do demandado.

3. Fixar a cargo do demandado unha pensión de alimentos a favor da súa filla menor por importe de 150 euros mensuais, que deberá ingresar por meses anticipados e durante os cinco primeiros días de cada mes na conta bancaria que designe a demandante para tal efecto.

Esta cantidade será revisada anualmente en proporción ás variacións do índice de prezos de consumo que publique o Instituto Nacional de Estatística ou calquera outro organismo público que no futuro puidese cumprir análoga función.

4. Establecer a cargo do demandado a obriga de sufragar a metade dos gastos extraordinarios.

Merecerán a consideración de gastos extraordinarios, entre outros, os derivados da atención do dito fillo menor de idade na sanidade privada por enfermidades, o custo pola adquisición ou uso de prótese, o custo doutras actividades médicas ou cirúrxicas non cubertas pola Seguridade Social e os gastos farmacéuticos inherentes a estas, o custo de actividades extraescolares ou calquera outro similar, incluída a matricula, de ser o caso, e nun futuro en universidades privadas, e calquera outro, en definitiva, de análoga natureza aos antes enunciados.

Calquera incidente en sede de gastos extraordinarios se tramitará nos termos do artigo 776.4 da Lei de axuizamento civil, ben que os gastos antes enunciados e os de análoga natureza serán susceptibles de execución de título xudicial de forma inmediata.

Ademais, a falta de oposición expresa á comunicación de calquera outros gastos extraordinarios nun prazo de dez días por calquera medio fidedigno (sms, correo electrónico, telefax, etcétera) equivalerá ao seu consentimento tácito e eximirá a parte que efectuou tales gastos do incidente previo do artigo 776.4 da Lei de axuizamento civil.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas deste procedemento.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal, con apercibimento de que esta non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación, nos prazos e termos previstos nos artigos 458 e seguintes da Lei de axuizamento civil, para a súa resolución pola Audiencia Provincial de Pontevedra, logo de consignación do depósito previsto na disposición adicional 15ª da Lei orgánica do poder xudicial.

Así, por esta a miña sentenza, da cal se unirá certificación aos autos da súa razón, e definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A secretaria xudicial