Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 17 de novembro de 2015 Páx. 43387

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se autoriza administrativamente o peche da primeira fase da ampliación da planta de coxeración que Inditex Cogeneración A.I.E. posúe no concello de Arteixo e se modifica a correspondente inscrición no Rexistro de Instalacións de Produción de Enerxía en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Antecedentes de feito.

Primeiro. O 13 de decembro de 1996, a Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio autorizou a instalación dunha planta de coxeración de enerxía eléctrica á empresa Inditex, S.A., no concello de Arteixo (A Coruña) e incluíuna no réxime especial creado polo Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro.

Segundo. O 30 de abril de 1997 a Dirección Xeral de Industria aprobou o proxecto de execución da planta de coxeración citada coas seguintes características básicas:

– Tres motores de combustión interna, alimentados por gasóleo, de 900 kW de potencia c/u.

– Tres xeradores eléctricos trifásicos, de 1.600 kVA de potencia nominal c/u, tensión de xeración 380 V a 1500 V e Cos φ = 0,8.

– Aparellaxe de protección, sinalización e medida e interconexión a 20 kV coa rede de distribución de enerxía eléctrica.

Terceiro. O 24 de xuño de 1997, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña autorizou a posta en marcha da planta de coxeración.

Cuarto. O 3 de decembro de 1997, a Dirección Xeral de Industria resolveu inscribir a planta de coxeración de Inditex, S.A. no Rexistro de Instalacións de Produción en Réxime Especial regulado polo Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, outorgándolle o número RE-97-18.

Quinto. O 23 de marzo de 1998, a Dirección Xeral de Industria autorizou o cambio de titularidade e subrogación do recoñecemento da condición de instalación acollida ao réxime especial de produción eléctrica, entre outras, da central de coxeración de Inditex, S.A. a favor de Inditex Cogeneración A.I.E.

Sexto. O 27 de abril de 1998, a Dirección Xeral de Industria aprobou o proxecto de execución da primeira fase da ampliación da planta de coxeración de enerxía eléctrica autorizada á empresa Inditex Cogeneración A.I.E. no concello de Arteixo (A Coruña) coas seguintes características básicas:

– Dous motores de combustión interna alimentados por gasóleo de 1.000 kW c/u.

– Dous xeradores síncronos trifásicos de 1.250 kVA c/u, tensión de xeración 380 V, Cos φ = 0,8, potencia total efectiva 2.000 kW.

– Dous transformadores de 1,25 MVA c/u, r/t 20/0,38 kV.

– Instalacións auxiliares de alimentación de combustible, de interconexión coa rede da compañía distribuidora e aparellaxe eléctrica de protección, mando, sinalización e medida.

Sétimo. O 26 de maio de 1998, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña autorizou a posta en marcha da primeira fase da ampliación da instalación de coxeración.

Oitavo. O 29 de xullo de 1999, a Dirección Xeral de Industria aprobou o proxecto de execución da segunda fase da ampliación da planta de coxeración de enerxía eléctrica autorizada á empresa Inditex Cogeneración A.I.E. no polígono industrial de Sabón, Arteixo (A Coruña) coas seguintes características básicas:

– Dous grupos motor-xerador marca Cummins, mod. TQ1056, de 1.250 kVA cada un, alimentados por gasóleo, factor de potencia 0,8 e tensión de xeración 380 V.

– Dous transformadores de 1.600 kVA cada un e relación de transformación 15-20 kV/380 V.

– Instalacións de almacenamento e alimentación de combustible, interconexión coa liña eléctrica da compañía distribuidora, baixa tensión, regulación, control, protección e medida.

Noveno. O 3 de agosto de 1999, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña autorizou a posta en marcha da segunda fase da ampliación instalación de coxeración.

Décimo. O 20 de maio de 2002, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Industria e Comercio autorizou administrativamente e aprobou o proxecto de modificación da planta de coxeración de enerxía eléctrica que a empresa Inditex Cogeneración A.I.E. posúe nas súas instalacións do polígono industrial de Sabón, Arteixo (A Coruña) coas seguintes características básicas:

– Tres motores de gas natural de 925 kW de potencia mecánica cada un e un consumo unitario de 2.423 kW de gas natural tipo B con un P.C.I de 35,5 Kj/kg.

– Tres xeradores acoplados aos tres motores anteriores de 900 kW de potencia eléctrica cada un, 0,8 de factor de potencia e 380 V de tensión de xeración.

– Un transformador por cada grupo, de relación de transformación 380 V/15-20 kV e 1.200 kVA de potencia cada un.

– Sistemas de protección, manobra, mando e control, sinalización, medida e interconexión coa liña eléctrica da empresa distribuidora, así como sistemas de posta a terra.

Décimo primeiro. O 11 de xuño de 2002, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña autorizou a posta en marcha da modificación da instalación de coxeración «consistente na substitución de tres grupos motoxerador de 900 kW cada un alimentados con gasóleo por outros tres alimentados a gas natural, con tres motores de 925 kW de potencia mecánica, e tres xeradores de 900 kW cada un, factor de potencia 0,8 e tensión de xeración 380 V».

Décimo segundo. O 20 de agosto de 2007, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Innovación e Industria resolveu modificar a inscrición no Rexistro de Instalacións de Produción de Enerxía en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia da planta de coxeración de Inditex Cogeneración A.I.E. co fin de incluír a súa ampliación.

Décimo terceiro. O 3 de maio de 2011, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria resolveu modificar a inclusión no réxime especial e a inscrición definitiva no Rexistro de Instalacións de Produción de Enerxía en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia da planta de coxeración de Inditex Cogeneración A.I.E. de acordo coa modificación da planta descrita nos antecedentes de feito décimo e décimo primeiro.

Décimo cuarto. O 11 de abril de 2013, Inditex Cogeneración A.I.E. presentou solicitude de autorización administrativa para o peche da primeira fase de ampliación da planta de coxeración de enerxía eléctrica situada no concello de Arteixo (A Coruña).

Décimo quinto. O 30 de xuño de 2014, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña emitiu informe favorable sobre a solicitude presentada.

Décimo sexto. O 29 de setembro de 2014, requíreselle a Inditex Cogeneración A.I.E. documentación adicional necesaria para continuar coa tramitación do procedemento.

Décimo sétimo. O 17 de outubro de 2014, Inditex Cogeneración A.I.E. presenta a documentación requirida, entre a cal se atopa a solicitude de cancelación da inscrición definitiva da primeira fase da ampliación da planta de coxeración de referencia no Rexistro de Instalacións de Produción de Enerxía en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A Dirección Xeral de Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 227/2012, do 2 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, no Decreto 235/2012, do 5 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, e no artigo 19 do Decreto 110/2013, do 4 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, que lle atribúe á Dirección Xeral de Enerxía e Minas a dirección, coordinación, planificación, execución, seguimento e control das competencias e funcións da Consellería en materia de enerxía, minas, administración e seguridade industrial, solo industrial, metroloxía e metais preciosos.

Segundo. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, recolle na súa disposición transitoria segunda que aqueles expedientes iniciados con anterioridade á súa entrada en vigor, como é o caso, se tramitarán ata a súa resolución de acordo coa lexislación anterior polo que para a tramitación do presente expediente se tivo en conta o artigo 28 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, no que se establece que a construción, explotación, modificación substancial, a transmisión e o peche de instalacións de produción de enerxía eléctrica en réxime especial estará sometida ao réxime de autorización administrativa previa, que terá carácter regrado, correspondéndolle o seu outorgamento á Administración autonómica.

Terceiro. Na tramitación tivéronse en conta as normas de procedemento contidas no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, no Real decreto 661/2007, do 25 de maio, polo que se regula a actividade de produción de enerxía eléctrica en réxime especial, no Real decreto 413/2014, do 6 de xuño, polo que se regula a actividade de produción de enerxía eléctrica a partir de fontes de enerxía renovables, coxeración e residuos, na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e demais normas de aplicación.

De acordo co que antecede,

RESOLVO:

Primeiro. Autorizarlle administrativamente a Inditex Cogeneración A.I.E. o peche da primeira fase de ampliación da planta de coxeración de enerxía eléctrica que posúe nas súas instalacións do concello de Arteixo (A Coruña) segundo o proxecto básico e de execución de desmantelamento da central de coxeración Fíos (fase 2) do centro loxístico do noroeste, redactado polo enxeñeiro industrial Daniel Couceiro Sandá, colexiado nº 1.569 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia.

Segundo. Modificar a inscrición da planta de coxeración de enerxía eléctrica titularidade de Inditex Cogeneración, A.I.E., debido ao peche da primeira fase da ampliación da planta de coxeración obxecto da presente autorización administrativa (CIL: ES0022000007585842YS1F002), no Rexistro de Instalacións de Produción de Enerxía en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, cancelando as características coas que foi inscrita a devandita ampliación no rexistro mediante Resolución do 20 de agosto de 2007, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Innovación e Industria, e mantendo inalteradas as características coas que foi inscrita o resto da planta con número de rexistro autonómico RE-97-18.

Todo isto de acordo coas seguintes condicións:

Primeira. A instalación terá que pecharse e desmantelarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto referido no punto primeiro da parte dispositiva desta resolución.

Segunda. O tratamento dos residuos obtidos como consecuencia do peche e desmantelamento da instalación efectuarase de acordo co establecido na Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados, e demais lexislación de aplicación.

Terceira. Para introducir modificacións que afecten datos básicos do proxecto será necesaria a autorización previa desta dirección xeral. Pola súa banda, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña poderá autorizar as modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, e deberá comunicarlle a este centro directivo todas as resolucións que dite en aplicación da devandita facultade.

Cuarta. O prazo para o peche e desmantelamento da instalación será de doce meses contados a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. Se transcorrido o dito prazo aquel non tivo lugar, producirase a caducidade desta autorización.

Quinta. Unha vez pechada e desmantelada a instalación, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña inspeccionará a totalidade das obras efectuadas.

Sexta. Con carácter previo á acta de peche, o órgano competente verificará o cumprimento dos condicionados impostos nesta resolución.

Sétima. A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliacións e traslado de industrias, ou por incumprimento das condicións impostas.

Oitava. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Economía e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2015

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas