Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 17 de novembro de 2015 Páx. 43386

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

CÉDULA do 19 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica á persoa interesada o requirimento de pagamento en relación co procedemento por falta de pagamento P-069/13.

De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselle á persoa interesada o requirimento de pagamento que se detalla no anexo. A eficacia deste anuncio queda supedita á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 19 de outubro de 2015

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-069/13.

Nome: Mª Inés Bouzón Couñago.

Enderezo: Conde Torrecedeira, nº 74-4º G, 36202 Vigo (Pontevedra).

Asunto: requirimento de pagamento.

Débeda: 3.717,85 €.

Indicación do contido: de acordo co artigo 82 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, requirímola para o pagamento de 37 recibos de alugamento vencidos, por un importe total de 3.383,34 €, e seis recibos de gastos, por un importe total de 334,51 €, relativos á vivenda que ten adxudicada en réxime de alugamento e correspondentes ao período comprendido entre o 1.2.2013 e o 1.8.2015, ambos os dous incluídos.

Concédeselle un prazo de 15 días hábiles para que se poña ao día nas súas obrigas, procedendo ao pagamento do referido importe en calquera das oficinas de Abanca, ou se presente en trámite de audiencia nesta área provincial co fin de achegar os documentos ou xustificacións que considere convenientes.

Advertímoslle que, no caso de non atender este requirimento, se procederá á resolución do contrato co conseguinte lanzamento para a súa posterior adxudicación a outros beneficiarios.