Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 16 de novembro de 2015 Páx. 43255

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (280/2015).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento sobre despedimento/cesamentos en xeral 280/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Edelmira Liste Viqueira contra Confecciones Cabarios, S.L.U., Fondo de Garantía Salarial, Óscar Manuel del Río López, administración concursal, Confecciones Figueira, S.L.U., Confecciones Balado, S.L., sobre despedimento, ditouse sentenza, cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Edelmira Liste Viqueira contra a entidade Confecciones Cabarios, S.L.U. e a súa administración concursal, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que a demandante foi obxecto en data do 30 de maio de 2015, debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes, desde a data da presente resolución (22 de outubro de 2015), ao cesar na súa actividade a anterior entidade, e condeno a entidade Confecciones Cabarios, S.L.U. ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 15.829,31 euros, e por salarios de tramitación a razón de 5.720,25 euros.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Que debo desestimar e desestimo a demanda por despedimento obxectivo formulada por Adolfo Maquieira Vales contra as entidades Confecciones Figueira, S.L.U., Confecciones Balado, S.L. e o empresario individual Óscar Manuel del Río López e, en consecuencia, debo absolver e absolvo aos anteriores de todos os pedimentos formulados na súa contra.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Confecciones Figueira, S.L.U. e Confecciones Balado, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de outubro de 2015

A secretaria xudicial