Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 16 de novembro de 2015 Páx. 43257

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (899/2014).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 899/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Luis González Fraga contra Insmega, S.L., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Instituto Nacional da Seguridade Social, ditouse sentenza cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo subsidiariamente a demanda interposta por Francisco Luis González Fraga contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo e, en consecuencia, debo declarar e declaro a Francisco Luis González Fraga afecto a unha incapacidade permanente en grao de total e co dereito a percibir a prestación que por tal grao de incapacidade, na contía e cos efectos, lle corresponda legalmente, e debo condenar e condeno ao seu aboamento o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, no ámbito das súas respectivas responsabilidades.

Que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Francisco Luis González Fraga, contra a entidade Insmega, S.L. e, en consecuencia, debo absolver e absolvo a entidade demandada das pretensións contra esta articuladas.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Insmega, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de outubro de 2015

A secretaria xudicial