Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 16 de novembro de 2015 Páx. 43258

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 219/2012).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Fernando Blanco González contra Paorga, S.L., Mapfre, Senpa, S.L., Transportes Mariano y Lorenzo, S.L., Allianz, S.A. Compañía de Seguros y Reaseguros, Generalli Grupo de Seguros, en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 219/2012, acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Paorga, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 1 de decembro de 2015 ás 12.00 horas, na planta baixa, sala 1, do Edificio da rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo. Pode comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia, despois de solicitar a parte demandante interrogatorio do represente legal da empresa.

Requirir a Paorga, S.L. co fin de que acrediten o importe percibido ou que lle corresponde percibir ao demandante, sexa con cargo á póliza de convenio ou calquera outra mellora da Seguridade Social, con motivo da incapacidade permanente total que lle vén recoñecida por este accidente.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Paorga, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2015

A secretaria xudicial