Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Martes, 10 de novembro de 2015 Páx. 42726

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza e auto de aclaración (1011/2014).

Eu, Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1011/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rosa Mary López Bravo contra Cosmetológicas SB, S.L., Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Xulgado do Social número 5 de reforzo da Coruña.

Sentenza: 496/2015.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación de cantidade 1011/2014.

Demandante: Rosa Mary López Bravo.

Letrado: Sr. Echagüe Pérez.

Demandada: Cosmetológicas SB, S.L.

Fogasa.

Letrado: Sr. Crespi Rodríguez.

Sentenza: 496/2015.

A Coruña, 23 de xullo de 2015.

Resolución:

1. Estimo a demanda formulada por Rosa Mary López Bravo fronte a Fogasa e, en consecuencia, condeno a esta a pagarlle á primeira a suma de 7.982,20 euros en concepto do 40 % da indemnización procedente por despedimento obxectivo.

2. Desestimo a demanda formulada por Rosa Mary López Bravo fronte a Cosmetológicas, S.L. e, en consecuencia, absólvoa das peticións dirixidas fronte a ela.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

Xulgado do Social número 5 de reforzo da Coruña.

Número autos: procedemento ordinario 1011/2014.

Demandante: Rosa Mary López Bravo.

Demandados: Cosmetológicas SB, S.L., Fondo de Garantía Salarial.

Auto:

Xuíz: Javier Lopez Cotelo.

A Coruña, 22 de setembro de 2015.

Parte dispositiva:

– No fundamento de dereito II onde di: «ao pagamento da cantidade de 7.982,20 euros que supoñen o 40 % da indemnización», debe dicir: «ao pagamento do 40 % de la indemnización procedente ben que cos límites de responsabilidade que para o Fogasa sinala o artigo 33 ET».

– Na resolución da sentenza ditada neste procedemento, onde di: «a suma de 7.982,20 euros en concepto do 40 % da indemnización procedente por despedimento obxectivo», debe dicir: «o 40 % da indemnización procedente polo despedimento obxectivo cos límites sinalados no artigo 33 ET».

Contra esta resolución non cabe recurso ningún.

Así o pronuncia, manda e asina, Javier López Cotelo, xuíz do Xulgado de reforzo da Coruña.

E para que conste e sirva de notificación a Cosmetológicas SB, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 19 de outubro de 2015

A secretaria xudicial