Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Martes, 10 de novembro de 2015 Páx. 42724

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (1043/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1043/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ángel Somoza Hermo, contra Esabe Vigilancia, S.A. e Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou sentenza número 312, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

En Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2015.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos 1043/2012 promovidos ante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade, por instancia de Ángel Somoza Hermo, asistido polo letrado Xavier Castro Martínez, contra Esabe Vigilancia, S.A., que non comparece, Bubos Securitas, S.A., que non comparece, Vigilacia Integrada, S.A., que comparece asistida e representada pola letrada Beatriz Rodríguez Hermida, tendo sido citado o Fogasa, que non comparece, pronunciou a seguinte sentenza.

(...)

Resolvo:

Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda presentada e, en consecuencia, condeno a Esabe Vigilancia, S.A. e Vigilancia Integrada, S.A. a aboar solidariamente a Ángel Somoza Hermo 8.113,39 euros, dos cales 6.401,7 euros devindicarán o xuro do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores. Condeno o Fogasa a se ater a esta resolución nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro, da Lei reguladora da xurisdición social.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Esabe Vigilancia, S.A. e Bubos Securitas, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2015

A secretaria xudicial