Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Martes, 10 de novembro de 2015 Páx. 42722

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (354/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 354/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Víctor Tubío Rey contra Refojo y González, S.L., Hipescar, S.L., Campiñas de Laíño, S.A., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre ordinario, se ditou sentenza nº 313, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2015

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, unha vez vistos os presentes autos nº 354/2014, promovidos ante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade, por instancia de Víctor Manuel Tubío Rey, asistido pola letrada Milagros Verde Crespo, contra Campiñas de Laíño, S.A. e Refojo y González, S.L., que comparecen asistidos e representados polo letrado Manuel López Núñez, contra Hipescar, S.L., que non comparece, contra a administración concursal de Campiñas de Laíño (Juan Manuel Capella Pérez) e contra a administración concursal de Refojo y González, S.L. (María José Lorenzo Gómez), que non comparecen, tendo sido citado o Fogasa, que non comparece, ditou a presente sentenza.

(…)

Resolvo

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Víctor Manuel Tubío Rey e, en consecuencia, condeno a Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L. e Hipescar, S.A. a pagar solidariamente ao demandante 5.118,38 euros, cantidade que se incrementará co xuro do artigo 29.3 do ET, cos límites do artigo 59 da Lei concursal.

Condeno as administracións concursais a se ater á presente resolución na súa condición de tales e o Fogasa a se ater a esta resolución nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro, da Lei reguladora da xurisdición social.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza»

E para que sirva de notificación en legal forma a Hipescar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2015

A secretaria xudicial