Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Martes, 10 de novembro de 2015 Páx. 42729

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Malpica de Bergantiños (expediente IN407A 2015/86-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Concello de Malpica de Bergantiños.

Domicilio social: Emilio González, 1, 15113 Malpica de Bergantiños.

Denominación: LMTS, CS e CT de 250 kVA para EDAR Malpica de Bergantiños.

Situación: porto de Malpica de Bergantiños.

Características técnicas: CS de compañía con 3 celas tipo CML, en edificio prefabricado sito a 6 m do CT 15CCSX. LMTS de conexión CS-CT: RHZ1 12/20 kV 1×95 mm2 Al de 200 m. CT con celas CML, CMP-F e CMM, en edificio prefabricado, sito a 200 m do CS, con transformador de 250 kVA, relación de transformación 20 kV/400 V, refrixeración natural en aceite e grupo de conexión Dyn11.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm.310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014 da Dirección Xeral de Enerxía e Minas pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro); sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 16 de xullo de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña