Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 6 de novembro de 2015 Páx. 42457

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (246/2011).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 246/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mario Jorge Pereira de Sousa contra Grupo Construnor Estructuras, S.L., Novacaixagalicia, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Construnor Estructuras, S.L., Sacyr, S.A.U., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Providencia da maxistrada xuíza Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, catorce de outubro de dous mil quince.

Visto o estado da presente peza separada de incidente de nulidade, e dado que na providencia de 2.9.2015 non se realizou o traslado ás demais partes do preito, ao Fogasa e ao Fiscal, aos administradores concursais, de conformidade co artigo 241 da Lei orgánica do poder xudicial e do 228 da LAC, acórdase dar traslado do escrito presentado por Sacyr e instar a nulidade de actuacións durante o prazo de 5 días para que aleguen o que ao seu dereito conveña á parte demandante, ao Fogasa, ao fiscal, aos administradores concursais Carlos Manuel Paz Costas, Enrique Feáns García (do Grupo Construnor Estructuras, S.L.), a entidade Novacaixagalicia e ás dúas empresas demandadas Construnor Estructuras, S.L. e Grupo Construnor Estructuras, S.L., que actualmente están en paradoiro descoñecido. Ponse en coñecemento esta resolución a través do Diario Oficial de Galicia, facéndolle saber que a demanda de incidente de nulidade se encontra á súa disposición no lugar do xulgado se ao seu dereito convén.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentares non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución contra a que se recorre.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Grupo Construnor Estructuras, S.L. e Construnor Estructuras, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2015

A secretaria xudicial