Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 6 de novembro de 2015 Páx. 42459

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (407/2012).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento 407/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Roberto Rosende Mallo contra Frutas Rías Baixas, S.L., se ditou a seguinte sentenza cuxa resolución di literalmente:

«Que, estimando integramente a demanda interposta por Roberto Rosende Mallo contra Frutas Rías Baixas, S.L., debo condenar e condeno a empresa Frutas Rías Baixas, S.L. a aboarlle ao demandante a suma de 2.564,49 euros polos conceptos indicados no feito probado terceiro desta resolución máis os xuros por mora previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET) respecto da dita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación, o 18 de abril de 2012, ata a presente resolución, e os xuros do artigo 576 da Lei de axuizamento civil (LAC) desde esta resolución ata o completo pagamento.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, deberase ater ao que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíqueselles ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso».

Para que sirva de notificación en legal forma a Frutas Rías Baixas, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2015

A secretaria xudicial