Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 6 de novembro de 2015 Páx. 42460

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (702/2015 e acumulado 796/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Diego Sanmartín Barcia contra o Instituto Español de Formación Laboral y Profesional, S.L., en reclamación por despedimento, rexistrado co número despedimento/cesamentos en xeral 702/2015 e acumulado 796/2015, acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar o Instituto Español de Formación Laboral y Profesional, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 17.11.2015 ás 9.30 horas, na planta baixa, sala 1, edificio da rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo. Pode comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Neste xulgado está á súa disposición a demanda e pode consultar todo o actuado. No acto de xuízo deberá achegar os seguintes documentos: recibos xustificativos de aboamento de salario correspondentes ao demandante, os documentos de cotización á Seguridade Social, boletíns de cotización TC-1 (boletín de cotización ao réxime xeral da Seguridade Social) e TC-2 (boletín de cotización á Seguridade Social), relación nominal de traballadores réxime xeral, correspondentes ao período reclamado e contrato de traballo do demandante subscrito coa demandada.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación ao Instituto Español de Formación Laboral y Profesional, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2015

A secretaria xudicial