Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 6 de novembro de 2015 Páx. 42455

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1224/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1224/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Gloria Concepción Villar Rodríguez contra Asaja Galicia, Asociación de Productores de Caza de Galicia, Xestión e Aconsellamento, Aconsellamento Integral de Explotacións, Dinamización do Medio Rural, Asociación Profesional de Xóvenes Agricultores, Asociación Agraria Jóvenes Agricultores de Galicia, Asociación de Mujeres y Familias del Ámbito Rural Gallego, Asociación Profesional de Selvicultores de Galicia, Asociación Profesional de Selvicultores de España, Asociación para el Fomento de la Riqueza Forestal de Galicia, Afrifoga e o Fogasa sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza 328/2015.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: resolución de contrato 1224/2014.

Demandante: Gloria Concepción Villar Rodríguez.

Letrado: Sra. Romero Salgado.

Demandados: Asaja Galicia, Xestión e Aconsellamento, Asociación de Productores de Caza de Galicia, Aconsellamento Integral de Explotacións, Dinamización do Medio Rural, Asociación Profesional de Xóvenes Agricultores, Asociación Agraria Jóvenes Agricultores de Galicia, Asociación de Mujeres y Familias del Ámbito Rural Gallego, Asociación Profesional de Selvicultores de Galicia, Asociación Profesional de Selvicultores de España, Asociación para el Fomento de la Riqueza Forestal de Galicia (Afrifoga) e o Fogasa.

A Coruña, 21 de xullo de 2015

Decido:

1º. Estimo a acción sobre resolución de contrato formulada por Gloria Concepción Villar Rodríguez fronte ás empresas Asaja Galicia, Xestión e Aconsellamento, Asociación de Productores de Caza de Galicia, Aconsellamento Integral de Explotacións, Dinamización do Medio Rural, Asociación Profesional de Xóvenes Agricultores, Asociación Agraria Jóvenes Agricultores de Galicia, Asociación de Mujeres y Familias del Ámbito Rural Gallego, Asociación Profesional de Selvicultores de Galicia, Asociación Profesional de Selvicultores de España, Asociación para el Fomento de la Riqueza Forestal de Galicia (Afrifoga) e, en consecuencia, declaro, con data da presente sentenza, a extinción do contrato de traballo existente entre a demandante e as empresas demandadas, por causas imputables a elas, e condénoas a que lle aboen solidariamente á primeira a cantidade de 28.250,37 euros en concepto de indemnización.

2º. Estimo a acción acumulada de reclamación de cantidades debidas, e condeno ás empresas demandadas a pagarlle solidariamente á traballadora, en concepto de salarios debidos, a cantidade de 22.693,46 euros.

3º. O Fogasa deberá pasar polo disposto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles de que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Aconsellamento Integral de Explotacións, en ignorado paradoiro, expídese o presente edicto para publicar no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 15 de outubro de 2015

A secretaria xudicial