Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 6 de novembro de 2015 Páx. 42454

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (158/2015).

Alberto López Luengo, secretario xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 158/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Adela Mascato Soneira contra Servitur Salnés, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

Acordo:

a) Declarar o executado Servitur Salnés, S.L. en situación de insolvencia por importe de 5.345,88 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Servitur Salnés, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 14 de outubro de 2015

O secretario xudicial