Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 6 de novembro de 2015 Páx. 42453

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (345/2014).

Alberto López Luengo, secretario do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que por resolución ditada no día de hoxe, no proceso seguido por instancia de Ángel Javier Gende García contra Govisa Ingeniería y Montajes, S.L., Fiatc Mutua de Seguros y Reaseguros a Prima Fija, Darío Fernández Fernández, Gruinsa Grúas Industriales de Salamanca, S.A. Gruinsa, Inizia Ingeniería de Prevencion y Medio Ambiente, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número procedemento ordinario 345/2014, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Govisa Ingeniería y Montajes, S.L., Darío Fernández Fernández, en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 1.12.2015, ás 11.00 e 11.05 horas, en planta 1, sala 6, Edificio da Audiencia, para a celebración dos actos de conciliación e, se e o caso, xuízo, á cal poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que se intente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, este poida estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Mantenimientos Industriales Palacian-Ara, S.L. y Mipar, S.L., expídese a presente cédula para publicar no DOG e colocar no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 14 de outubro de 2015

O secretario xudicial