Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 5 de novembro de 2015 Páx. 42359

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 121/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 121/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rocío Miramontes Souto contra Marina Ponte Santasmarinas, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), se ditou a seguinte resolución:

Decreto 526/2015.

Secretaria xudicial: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2015.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Que no presente procedemento seguido entre as partes, dunha como executante Rocío Miramontes Souto e doutra como executada Marina Ponte Santasmarinas, Fondo de Garantía Salarial, se ditou resolución xudicial en que se despachaba execución en data 4.6.2015 para cubrir a cantidade de 20.733,73 euros de principal [11.946,4 euros en concepto de indemnización + 8.460,5 euros en concepto de cantidades debidas + 326,83 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET (calculados respecto ás cantidades debidas)], máis outros 2.073,37 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Segundo. Descoñécese a existencia de novos bens susceptibles de embargo.

Terceiro. No procedemento ETX 295/2014 seguido neste órgano xudicial ditouse decreto de insolvencia da executada en data 23.2.2015.

Cuarto. Deuse traslado á parte demandante e ao Fondo de Garantía Salarial co obxecto de que, se é o caso, designasen bens ou dereitos susceptibles de embargo, sen que se fixese ningunha manifestación no prazo dado.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. De conformidade co disposto no artigo 274.3 da LPL, a declaración xudicial de insolvencia dunha empresa constituirá base suficiente para estimar a súa pervivencia noutras execucións, sen necesidade de reiterar os trámites de indagación de bens establecidos no artigo 248 desta lei.

Segundo. No presente suposto, cumprido o trámite de audiencia á parte demandante e ao Fondo de Garantía Salarial, sen que estes sinalasen a existencia de novos bens, procede, sen máis trámites, declarar a insolvencia total da executada.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar a executada Marina Ponte Santasmarinas en situación de insolvencia total por importe de 20.733,73 euros de principal [11.946,4 euros en concepto de indemnización +8.460,5 euros en concepto de cantidades debidas + 326,83 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET (calculados respecto ás cantidades debidas)], máis outros 2.073,37 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá, para todos os efectos, como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente e sen prexuízo de continuar a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez que sexa firme a presente resolución, procédase á anotación da insolvencia da executada no rexistro correspondente.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interporse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros na conta 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A., e deberá indicar no campo concepto «recurso», seguido do código «31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación «recurso», seguida do «31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a que se recorre, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial

E para os efectos de dar a correspondente publicidade á declaración firme de insolvencia da executada Marina Ponte Santasmarinas, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2015

A secretaria xudicial