Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 5 de novembro de 2015 Páx. 42358

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (419/2014).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 419/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de David Fernández Naveira contra a empresa Mecapak Services, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza, cuxa resolución di:

«Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda que en materia de cantidade interpuxo David Fernández Naveira contra a entidade Mecapak Services, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno á entidade Mecapak Services, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 1.349,24 € líquidos, polos salarios de decembro de 2013 e xaneiro de 2014, con inclusión de pro rata de paga extraordinaria, 1.274,70 € brutos por compensación económica de vacacións non desfrutadas e 3.450 € brutos por horas extraordinarias devindicadas entre o 20 de setembro e o 6 de decembro de 2013, por traballos de fins de semana e festivos, incrementadas co xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para sirva de notificación en legal forma á empresa Mecapak Services, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de outubro de 2015

A secretaria xudicial