Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 5 de novembro de 2015 Páx. 42356

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (15/2015).

DCT divorcio contencioso 15/2015

Sobre divorcio mutuo acordo

Demandante: Diana Álvarez Hermida

Procuradora: María José Conde

Demandando: Juan Carlos Cáceres Flores

Raquel Blanco Pérez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, certifico que nos autos de divorcio contencioso 15/2015, se ditou sentenza o 24 de setembro de 2015, cuxo encabezamento e resolución literalmente copiados din:

Sentenza número 1205/2015.

Maxistrada xuíza: Laura Guede Gallego.

En Ourense o 24 de setembro de 2015.

Vistos os presentes autos número 15/2015, sobre divorcio, promovidos pola procuradora Sra. Conde, en nome e representación de Diana Álvarez Hermida, como demandante, asistida pola letrada Sra. Vázquez, fronte a Juan Carlos Cáceres Flores, declarado en rebeldía.

Resolución:

Acordo a disolución do matrimonio formado por Diana Álvarez Hermida e Juan Carlos Cáceres Flores, con todos os efectos legais inherentes á devandita disolución.

Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 LAC, indícase que contra a presente resolución cabe interpoñer, no prazo de 20 días, recurso de apelación (artigos 457 e ss. LAC) ante este tribunal, para o que se debe constituír o depósito legalmente establecido.

E unha vez firme esta resolución, comuníquese de oficio para a súa anotación no Rexistro Civil onde figura a inscrición do matrimonio cuxa disolución se declara.

Así o acorda, manda e asina a súa señoría, dou fe.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Juan Carlos Cáceres Flores, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Ourense, 9 de outubro de 2015

A secretaria xudicial