Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 5 de novembro de 2015 Páx. 42354

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (955/2014).

DCT divorcio contencioso 955/2014

Sobre divorcio contencioso

Demandante: Julia Rivero Basulto

Procurador: Francisco Pérez Pérez

Avogada: Sara María Prada López

Demandado: José Antonio Rodríguez Espinosa

Raquel Blanco Pérez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, certifico que nos autos de divorcio contencioso 955/2014 se ditou sentenza o 24.9.2015, cuxo encabezamento e resolución literalmente copiados din:

«Sentenza número 1213/2015.

En Ourense o 24 de setembro de 2015.

Vistos os presentes autos número 955/14 sobre divorcio promovidos polo procurador Sr. Pérez, en nome e representación de Julia Rivero Basulto, como demandante, asistida pola letrada Sra. Prada, fronte a José Antonio Rodríguez Esponosa, declarado en rebeldía.

Resolución:

Acordo a disolución do matrimonio formado por Julia Rivero Basulto e José Antonio Rodríguez Esponosa, con todos os efectos legais inherentes á devandita disolución.

Atribúese o uso e desfrute do domicilio familiar á demandante.

Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 LAC, indícase que contra a presente resolución cabe interpoñer, no prazo de 20 días, recurso de apelación (arts. 457 e ss. LAC) ante este tribunal, para o que debe constituír o depósito legalmente establecido.

E unha vez firme esta resolución, comuníquese de oficio para a súa anotación no Rexistro Civil, onde figura a inscrición do matrimonio cuxa disolución se declara.

Así o acorda, manda e asina a súa señoría, dou fe».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de José Antonio Rodríguez Espinosa, esténdese a presente para que sirva de notificación en forma.

Ourense, 8 de outubro de 2015

A secretaria xudicial