Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 5 de novembro de 2015 Páx. 42352

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (915/2013).

F02 Familia, garda, custodia, alimentos de fillo menor non matrimonial non consensuado 915/2013

Sobre medidas provisionais

Demandante: Eva Gallego Moreira

Procuradora: Ana María López Calvete

Avogado: Wilson Domingo Jones Romero

Demandado: José Carlos Sánchez Dopazo

Raquel Blanco Pérez, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, certifico que nos autos de garda, custodia e alimentos, seguidos co número 915/2013, se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución literalmente copiados din:

Sentenza número 577/2015.

En Ourense o 5 de maio de 2014.

Vistos os presentes autos número 915/2013, sobre petición de alimentos, garda e custodia, promovidos pola procuradora, Sra. López Calvete, en nome e representación de Eva Gallego Moreira, dirixida polo letrado Sr. Jones, fronte a José Carlos Sánchez Dopazo, que foi declarado en rebeldía, con intervención do Ministerio Fiscal.

Resolución:

Acordo a adopción das seguintes medidas reguladoras da garda e custodia das menores Erika Sánchez Moreira e Noa Sánchez Moreira, así como a súa pensión de alimentos:

1. Atribúese a garda das menores á nai, Eva.

2. Atribúese o exercicio exclusivo da patria potestade á nai.

3. Suspéndese o réxime de visitas.

4. En concepto de alimentos a favor dos fillos comúns, establécese a obriga do pai de aboar, dentro dos cinco días hábiles de cada mes e na conta que designe a demandante, a suma de 200 euros (100 euros para cada filla), que serán anualmente actualizados en función das variacións que experimente o IPC ou índice que o substitúa na data un de xaneiro. Así mesmo, establécese a obriga de aboar o 50 % dos gastos de material escolar que se xeren anualmente no mes de setembro e o 50 % dos gastos extraordinarios, diferenciando entre os necesarios (aqueles sanitarios e farmacéuticos non cubertos pola Seguridade Social) e os non necesarios, sendo necesario o previo consentimento para estes últimos e non para os primeiros.

Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

Notifíquese esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 LAC, indícase que contra a presente resolución cabe interpoñer, no prazo de 20 días desde a notificación, recurso de apelación (artigos 457 e ss. LAC) ante este tribunal.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas, deixando testemuño suficiente en autos.

Así o acorda, manda e asina a súa señoría, dou fe.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de José Carlos Sánchez Dopazo, expídese a presente para que sirva de notificación.

Ourense, 8 de outubro de 2015

A secretaria xudicial